jueves, 5 de abril de 2007

Collendo folgos.

O meu recuncho queda valeiro uns días. Voume de viaxe, a desconectar, a coller folgos para o que queda de curso, a disfrutar da xente, a disfrutar das paisaxes, a disfrutar dos amigos que están lonxe.
Voume uns días, que me virán ben, e ti, pequeno recuncho descansarás de min.

A verdade é que empecei a escribir aquí case que por casualidade, case que sen ganas, case que por ocupar o tempo. Mais hoxe vexo este recuncho como algo meu, algo que di moito de min, onde están reflexados moitos dos meus pensamentos, dun xeito que non sabía que era capaz de expresar.

Escribo e escribo, e sorpréndome a min mesma cando me leo, é coma se non fose meu o texto, algúns gústanme moito, quizáis polo que din, ou polo agusto que me quedei cando o escribín, coma se botara fóra todo aquelo que, dalgún xeito, estaba agochado aí dentro, algunhas cousas bastante fondas, bastante.

Recuncho, tiña ganas de escribir aquí en galego, mais nunca me salía. Hoxe saliume así, de súpeto, será porque me vou da terra e, de seguro, non falarei en galego estes días, será.
E a todos vós, que ledes este recuncho, unha aperta grande e agarimosa. Algúns compartiremos estes días, outros é evidente que non, a aperta vai para todos, para todos os que dunha forma ou outra estades aquí, preto de min, neste camiñar.

No hay comentarios: